asinaron
a campaña
O comercio xusto é unha práctica de intercambio económico solidario, que defende a comercialización de produtos dos países empobrecidos a través de mecanismos máis xustos coas familias produtoras do Sur e máis respectuosos co medio ambiente.
Enténdese como unha alternativa ao comercio convencional que se realiza sobre relacións asimétricas de intercambio e por iso debe ir acompañado necesariamente pola denuncia e a loita contra o inxusto sistema de comercio internacional.
En Setem traballamos as tres vertentes do Comercio Xusto:
- Incidencia política
- Sensibilización á cidadanía
- Comercialización
Poñendo o acento e as enerxías nas dúas primeiras e apuntando os obxectivos finais de modificar as estruturas inxustas do comercio Sur-Norte e de cambiar as prácticas de consumo insostibles e insolidarias.
Preme aquí para máis información.